viernes, 30 de marzo de 2012

BLOG COMO FERRAMENTA

No Blog como ferramenta  na orientación educativa dase unha definición sinxela do que é un blog, cales son as súas ventaxas e as súas aportacións pedagóxicas.
Explica as razóns polas que o IES "García Barbón" apostou por "www.blogia.com" para a creación do seu blog e manifesta que www.bloglines.com é un dos servizos máis interesantes e revolucionarios da web 2.0 e explica como rexistrarnos nos bloglines.
Tamén explica de forma moi clara o aproveitamento que fai o Departamento de Orientación do IES "García Barbón" das TIC
A min, como principiante no uso dos blogs e das TIC en xeral, só me queda felicitar aos autores e seguir aprendendo para un día poder facer algo parecido.

Clave 21

Asumo na súa totalidade a conclusión que Mª Carmen Delgado plasma no "Blog como Herramienta de Orientación".
"Las TIC han llegado con fuerza a la educación y han venida para quedarse. En este aspecto, los orientadores también tenemos que ponernos las pilas y aprender a manejar las herramientas que nos ofrecen para hacer mejor nuestro trabajo y poder llegar de forma más eficaz a toda la comunidad educativa".

É moi interesante a descrición que fai das habilidades necesarias para acadar o desenvolvemento da competencia dixital.Resumo:

  1. Habilidades para buscar e obter información. Que inclue:
  • Adecuada selección e análise da información.
  • Evaluar as fontes da que procede a información.
  • Contrastar a información se fose necesario.
  • Facer uso crítico da información.
      2. Habilidades para transformar a información en coñecemento.
          Isto esixe destrezas de razoamento para organizala, relacionala, analizala, sintetizala e facer inferencias e deducións de distinto nivel de complexidade.

      3. Habilidades para comunicar a información en distintos soportes.


Considero tamén interesantes as outras ventaxas que apunta o Blog:


  1. Resolver dudas puntuales.
  2. Actualización constante da información.
  3. Recopilación de recursos.
  4. Proporcionar aos titores material de utilidade para a acción titorial.
  5. Facer máis accesible a información das posibilidades que ofrece o sistema educativo.

jueves, 29 de marzo de 2012

Oito motivos para crear o teu blog en 2012

Vou a facer un pequeno comentario sobre  sobre un documento que aparece no blog de TotemGuard. Dos 8 beneficios mencionados no Blog, vou comentar os que para min son máis destacables:
Progresar en competencias TIC.
As TIC son unha ferramenta imprescindible na vida actual e desenvolver nos alumnos esta competencia é un deber ineludible da escola. A elaboración dun blog contribue a desenvolver esta competencia
Comunicarse con outros profesionais da educación.
Por medio dos blogs podemos estar en contacto con outros compañeiros, compartir experiencias, inquedanzas e reflexións. Isto é moi gratificante para os docentes e para a educación.
Contactar con alumnos e/ou padres.
A comunicación coas familias e cos alumnos e a participación das familias na vida escolar é imprescindible. O Blog pode ser un recurso para este obxectivo.