viernes, 30 de marzo de 2012

BLOG COMO FERRAMENTA

No Blog como ferramenta  na orientación educativa dase unha definición sinxela do que é un blog, cales son as súas ventaxas e as súas aportacións pedagóxicas.
Explica as razóns polas que o IES "García Barbón" apostou por "www.blogia.com" para a creación do seu blog e manifesta que www.bloglines.com é un dos servizos máis interesantes e revolucionarios da web 2.0 e explica como rexistrarnos nos bloglines.
Tamén explica de forma moi clara o aproveitamento que fai o Departamento de Orientación do IES "García Barbón" das TIC
A min, como principiante no uso dos blogs e das TIC en xeral, só me queda felicitar aos autores e seguir aprendendo para un día poder facer algo parecido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario