jueves, 29 de marzo de 2012

Oito motivos para crear o teu blog en 2012

Vou a facer un pequeno comentario sobre  sobre un documento que aparece no blog de TotemGuard. Dos 8 beneficios mencionados no Blog, vou comentar os que para min son máis destacables:
Progresar en competencias TIC.
As TIC son unha ferramenta imprescindible na vida actual e desenvolver nos alumnos esta competencia é un deber ineludible da escola. A elaboración dun blog contribue a desenvolver esta competencia
Comunicarse con outros profesionais da educación.
Por medio dos blogs podemos estar en contacto con outros compañeiros, compartir experiencias, inquedanzas e reflexións. Isto é moi gratificante para os docentes e para a educación.
Contactar con alumnos e/ou padres.
A comunicación coas familias e cos alumnos e a participación das familias na vida escolar é imprescindible. O Blog pode ser un recurso para este obxectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario