viernes, 20 de abril de 2012

MARCADORES SOCIAIS: RECURSOS

Vou comentar un pouco o blog www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion da Xunta de Galicia.  O blog ten dous grandes apartados:
1. Orientación
No que considera a orientación como inherente a propia educación, pois trata de contribuir á:
a) Fomación integral do alumnado.
b) Implicación e asesoramento das familias e do resto dos axentes da comunidade educativa.
Este apartado ten outros subapartados:
- Últimas novas.
- Orientación educativa.
- Orientación profesional.
- Servizos de apoio á orientación.
2. Atención á diversidade
No que define o que pode considerarse coma atención á diversidade.
Este apartado ten outros subapartados:
- Últimas novas.
- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Outras diversidades.
- Servizos de apoio á atención á diversidade.

Na páxina principal do blog, ademais destes dous apartados ten.
3. Actualidade e anuncios de atención á diversidade.
4. Actualidade e anuncios de orientación.

Na barra lateral aparecen ademais outros enlaces interesantes.

É un blog interesante e moi útil. Aínda que, lendo o que manifesta con relación á atención á diversidade, totalmente incoherente coas medidas educativas que se nos anuncian.

No hay comentarios:

Publicar un comentario