viernes, 20 de abril de 2012

MARCADORES SOCIAIS: BLOGS

Vou comentar dous blogs, non porque os considere máis importantes; senón porque tratan algúns asuntos que nester momento estamos a traballar no noso Departamento de Orientación.
O blog xosevidal.blogia.com trata de recursos educativos para mestres. Ten un artigo moi interesante sobre as TIC con enlaces tamen interesantes. Propón tamén a seguinte clasificación:
1. Recursos para apoiar a exposición docente.
2. Recursos para traballos cooperativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información.
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecemento e reforzo para o alumnado.
5. Outros recursos xeralistas de apoio.
Tamén fai unha defensa do software libre e ofrece un mapa conceptual deste software. Este blog ten ademais na barra lateral unha serie de enlaces oi interesantes.
Unha observación sobre este blog é que a última entrada  é de xaneiro de 2011.

Outro blog que a mín me interesou foi orientacionyescuela.blogspot.com.es/. Ofrece unha dirección para descargar un programa para crear mapas mentales. ofrece tamén un enlace dos equipos de orientación psicopedagóxica da Rioja onde se pode descargar unhas guías interresantes para as familias. Da ademais a posibilidade de crear o noso propio material multimedia.
Ten publicado un artigo moi interesante titulado "¿Cómo influyen las emociones en el estudio y el aprendizaje?" do que recomendo a súa lectura. Gustoume moito un vídeo sobre o autismo. Por último ofrece un enlace dun blog onde se pode encontrar material, estratexias, recursos e enlaces para traballar as habilidades sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario